O mar está cheo de plásticos e outros residuos. Un problema que fomos acumulando durante anos e que precisa de actuacións xa. No Parque Nacional das Illas Atlánticas realízase un proxecto para localizar lugares de acumulación nos fondos mariños e eliminalos, e tamén para sensibilizar a poboación. Saleta González é bióloga do Colexio de Biologos de Galicia e traballa neste proxecto.
http://www.crtvg.es/informativos/o-problema-dos-residuos-e-dos-plasticos-no-mar-e-principalmente-educacional